Coincidindo coas anteriores mobilizacións agrarias, o mes pasado convocouse unha tractorada virtual con pouco seguimento, pero que agora busca acadar maior presenza na web ao establecerse para a mesma unha duración de 5 días, de xeito que as webs que queiran adherirse á iniciativa deben copias un código que decorará a súa páxina cun tractor desprazándose pola pantalla cunha pancarta.
A tractorada virtual organizada pola Rede Anticapitalista galega pretende durar do día 13 ao 17, para coincidir coas mobilizacións convocadas polo Sindicato Labrego Galego e outras organizacións nas rúas de boa parte de Galicia.
Volven organizar unha tractorada virtual
Compartir Este Artigo
