O vindeiro luns cumpriranse 40 anos da chegada do Apolo XI á lúa, e para celebrar o momento no que Neil Armstrong e Buzz Aldrin pisaron o satélite veciño farase unha reconstrución na páxina web We Choose The Moon, que neste momento presenta unha conta atrás.
Este espazo presentará moita máis información da que se puido ver en 1969 a través dos medios de comunicación tradicionais, sendo posible facer un seguimento minuto a minuto durante os catro días de emisión.
Entre o material que poderemos consultar estes días na web estarán as gravacións das comunicacións entre os lendarios astronautas e os técnicos do Centro de Control en Houston, os rexistros da NASA, as imaxes, as fotografías, os sons e incluso contará cun servizo de alertas para informar aos usuarios dos acontecementos chave.
Eses contidos serán accesibles durante máis dun ano, para que os internautas poidan revisar a información recompilada para conmemorar a chegada do home á Lúa.
Unha web permitirá revivir a chegada á Lúa
Compartir Este Artigo
