Os usuarios que visiten estes días YouTube dende o navegador Internet Explorer 6 verán un recadro a xeito de alerta no que se advirte que Google vai deixar en breve de dar soporte para o vello navegador de Microsoft, instando á súa actualización ou ao uso doutros navegadores alternativos (coma Google Chrome ou Firefox).
Aínda que resulta bastante brusca esta medida de Google, o certo é que podería ser moi positiva, pois sería un incentivo para que actualizasen o navegador web en multitude de equipos en todo o mundo (preto do 15%), xa que o Internet Explorer 6 non só é un navegador que non respecta os estándares de desenvolvemento web, senón que tamén resulta moi inseguro, de xeito que os usuarios que aínda o empregan están a pór en perigo non só a súa seguridade, senón tamén a do resto de usuarios da Internet (xa que o software malicioso pode empregar os equipos atacados en zombis dende os que lanzar ataques a outros ordenadores).
YouTube deixará de dar soporte ao Internet Explorer 6
Compartir Este Artigo
