A rede de acceso sen fíos á Internet coñecida polo nome de Barcelona WiFi que pretende chegar aos 500 hotspots na cidade condal a finais de 2010 botou a andar esta semana oficialmente, de xeito que os cidadáns poden comezar a beneficiarse do acceso á Rede operativo dende 170 puntos sinalizados cun W, entre os que están centros cívicos, bibliotecas, oficinas de atención ao cidadán, centros deportivos, ou mercados.
Esta infraestrutura, segundo sinalou o tenente de alcalde de Urbanismo, Ramón García-Bragado, Barcelona WiFi «non se trata dun servizo comercial nin profesional, senón cidadán». Pero o acceso nos distintos puntos estará limitado, de xeito que en museos, parques ou polideportivos cada dispositivo só poderá acceder á Rede 60 minutos ao día, mentres que no resto de localizacións non se limitará o tempo de acceso, aínda que si existirán restricións como a imposibilidade de acceder a páxinas web de apostas, pornografías, descargas de contidos audiovisuais, telefonía IP ou videoconferencia, polo que esta rede de balde non sería unha competencia real das redes de datos comerciais.

Barcelona estrea unha rede Wi-Fi de libre acceso
Compartir Este Artigo
