Un dos vicepresidentes corporativos de Microsoft, Shane Kim, asegurou nunha entrevista para Kikizo que, coma se rumoreou en numerosas ocasións, dende Microsoft están traballar no lanzamento dunha consola de videoxogos portátil, aínda que non de xeito inmediato, polo que a pregunta non sería se o van facer, senón o cando.
Shane Kim asegura que «se agora fosemos detrás dun dispositivos portátil non teriamos os recursos técnicos nin a habilidade de facer cousas coma… o Proxecto Natal. Así que de momento eliximos centrarnos na experiencia no salón dende o punto de vista do hardware. Pero iso si, estamos construíndo un servizo en LIVE que (..) espallarase a outras plataformas».
Posiblemente a integración entre Xbox LIVE e o reprodutor multimedia Zune podería ser un adianto do que está por chegar, pero hai que recoñecer que entrar a competir nun novo eido resulta complexo, como xa se veu coa PSP de Sony, que non é capaz de desbancar a Nintendo nun mercado que domina dende o lanzamento da primeira Game Boy hai 20 anos, aínda que demostrou que era posible facerlle fronte.

O lanzamento dunha Xbox portátil é cuestión de tempo
Compartir Este Artigo
