A aparición de Gmail con contas de correo electrónico con 1 Gb de capacidade provocou unha carreira entre os provedores de e-mail para ver cal achegaba maior volume de almacenamento, de xeito que incluso o correo de Google foi medrando ata os 7,35 Gb e agora parece que Microsoft está a incrementar a capacidade das súas contas de correo dun xeito importante, e parte das contas do Windows Live Admin Center, Office Live e MSN Premium estarían a chegar a unha capacidade ilimitada, o que na práctica serían uns 500 Gb (algo ao que dificilmente chegará un usuario) como dende Liveside.net amosan en varias capturas de pantalla a xeito de proba.
As contas de correo de Hotmail xa nacen cunha capacidade de 5 Gb que debería ir incrementándose automaticamente sempre que o seu crecemento fose razoable, e agora entendemos que este tope de tamaño estaría fixado nos 500 Gb, aínda que non se coñece o que pasa cando un usuario chega a xuntar tanto correo electrónico na súa conta.

As contas de correo de Microsoft poderían chegar ata os 500 Gb de capacidade
Compartir Este Artigo
