As nosas comunicacións a través da Internet poden cambiar radicalmente nos vindeiros meses grazas a revolucións como a que podería supor a tecnoloxía Google Wave, servizo que xa conta co apoio de 6.000 programadores e ten 20.000 peticións de colaboración en lista de espera, trámite que podería axilizarse se temos en conta que o vindeiro 30 de setembro pretenden lanzar unha versión previa da aplicación informática que mestura conceptos habitualmente ligados ao correo electrónico, á mensaxería instantánea e outras plataformas.
Tal fase de proba do Google Wave restrinxirase a 100.000 usuarios, e agardase que sirva para ver de preto o potencial desta nova tecnoloxía cuxo éxito dependerá principalmente do aproveitamento que tome o público da mesma.

Google Wave comezará as súas probas públicas en setembro
Compartir Este Artigo
