Os coches de alta gama levan anos integrando un emisor GPS para localizalos en caso de roubo, pero este tipo de tecnoloxía xa non ten por qué restrinxirse a vehículos, e unha compañía norteamericana lanzou o servizo Spotlight GPS, consistente nun emisor de GPS que poden colocarse no colar dun can, para poder así recuperar á nosa mascota no caso de que se extravíe, aínda que tal solución non é de balde, vendéndose o dispositivo de localización por 199,99 dólares (140,05 euros) e precisando dunha subscrición mensual de entre 11,99 e 14,99 dólares.
O servizo permite fixar unha serie de zonas seguras nas que o can pode estar, lanzando unha alerta por SMS ou correo electrónico no caso de incidencias. Tamén facilitan instrucións para localizar á mascota extraviada e activan unha luz no colar para localizar ao can dende máis de 90 metros de distancia.

Spotlight GPS ten boa conta de onde está o noso can a cada momento
Compartir Este Artigo
