O salto de Google aos sistemas operativos informáticos está a captar moita atención aínda que falte máis dun ano en que se concrete nun produto final o Chrome OS, pero dende Engadget xa publican capturas de pantalla do estado actual deste proxecto, de xeito que podemos ver cómo sería o Google Chrome OS Alpha 1.01, que en liñas xerais parece un navegador Google Chrome a pantalla completa.
Non está confirmada a veracidade das imaxes, e nun principio entendemos que o Chrome OS está lonxe de poder ser probado por usuarios finais, especialmente porque vai ser un sistema operativo Linux, e a versión para Linux do navegador de Google aínda está moi verde.

Filtran imaxes dunha posible versión de proba do Google Chrome OS
Compartir Este Artigo
