Dende La Voz de Galicia informan de que a páxina web oficial que conmemora os 50 anos da parroquia de Aguiño recibiu máis de 7.500 visitas dende a súa creación, o que consideran todo un éxito os seus responsables, pois suporía preto de 400 visitas diarias, e incluso preto dun cento de persoas teríanse subscrito a un boletín quincenal de novas que recibirán por correo electrónico.
A esta nova páxina web pode accederse a través do dominio aguiño.com ou xn--aguio-rta.com, polo que lembrar o sen enderezo resulta doado. Está desenvolvida empregando o xestor de contidos de código aberto Joomla!, aínda que por desgraza o deseño non está ao nivel desta ferramenta, dando a impresión de que estamos ante unha páxina desenvolvida hai unha década (cando os GIF animados e os elementos móbiles estaban de moda).
A páxina vai recollendo semanalmente as novas culturais da parroquia de Aguiño, destacando especialmente os 50 anos que celebran, á vez que recollen galerías de fotografías e vídeos que enriquecen este espazo, e mesmo pretenden recompilar nun libro parte do material que están a publicar na Internet.
Boa acollida da páxina web que conmemora os 50 anos da parroquia de Aguiño
Compartir Este Artigo
