Vodafone incorpora ao seu catálogo o dispositivo Mifi 2352 (que xa comercializaba Movistar en España), e que permite compartir unha comunicación de datos 3G entre ata 5 usuarios simultáneos a través de Wi-Fi, integrando unha batería cunha autonomía de ata 4 horas e que tamén incorpora GPS.
Este dispositivo está dispoñible para clientes de empresa e particulares que contraten unha tarifa de datos de Internet móbil por 29 euros, resultando unha solución bastante axeitada para os usuarios que queiran conectar varios dispositivos á Rede durante os seus desprazamentos, pois actualmente xa non é só o móbil ou o PC o que pode conectarse á Rede, senón que incluso consolas de videoxogos e reprodutores multimedia poden acceder á Internet a través de Wi-Fi.
Vodafone comercializa en España o Mifi 2352
Compartir Este Artigo
