As etiquetas ocupan bastante espazo en pantallaO sistema de correo de Google ao presentar a listaxe de mensaxes recibidas amosa entre o remitente e o asunto as etiquetas á que corresponden os e-mails, o que en pantallas de pequeno tamaño pode ser todo un problema, pois ocuparía demasiado tamaño e dificultaría a consulta de mensaxes, polo que dende Gmail Labs decidiron integrar unha nova funcionalidade que permite agochar as etiquetas xunto aos asuntos das mensaxes, liberando o espazo ocupado e facendo máis lexible a bandexa de entrada en pantallas cunha resolución reducida (coma dispositivos móbiles ou ordenadores ultraportátiles. Por desgraza, a ferramenta só permite facer esta operación manualmente, non podendo automatizarse esta funcionalidade segundo o equipo que utilicemos (polo que os usuarios que empreguen varios equipos terían que cambiar a configuración de Gmail constantemente se queren ter unha boa experiencia de uso).