Como tódolos meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF.
Nesta nova entrega dedicámoslle unha especial atención á Rede de Telecentros de Telecomunicación, que segue a traballar no verán para pór á Internet ao alcance de todos.
Ademais tratamos outros temas entre os que destacamos os seguintes:
– INEO pon en marcha unha ferramenta web de autodiagnóstico da innovación para empresas – Repasamos as máis recentes novidades en materia de remodelación do panorama en liña galego – O eido dos recursos virtuais vinculados á nosa lingua segue a espallarse – ASIMELEC reforza a súa presenza en Galicia – Entrevista a Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización da Xunta – A Internet segue a consolidarse como vehículo de promoción artística – O libro electrónico: ¿a nova revolución dixital? – A Internet sen fíos esténdese como alternativa accesible e cómoda nos lugares de sombra dixital – Un grupo de investigación da Universidade da Coruña desenvolve unha ferramenta que contribúe á inclusión tecnolóxica das persoas con diversidade funcional – Handbrake, aplicación aberta para ripear filmes de xeito cómodo
