As impresoras 3D permiten realizar pezas a medida con moita precisión, aínda que habitualmente moldéanse en materiais plásticos ou resinas, e empresas coma Shapeways ofrecen esta tecnoloxía a través da Internet, de xeito que case calquera pode remitir os seus modelos para que tomen forma física. As pezas creadas logo poden colorearse, pero nas últimas semanas melloraron o servizo incluíndo entre os materiais dispoñibles o aceiro, de xeito que calquera pode producir pezas de ata 49 x 39 x 30 centímetros a razón de 10 dólares por centímetro cúbico, de xeito que pode facerse un colgante, un anel ou unha figuriña por uns 10 ou 20 dólares, o que é francamente barato para unha tecnoloxía tan nova.
As pezas encargadas incluso poden contar con partes móbiles, de xeito que a complexidade das creacións en aceiro abre un amplo abano de posibilidades, podendo ver unha completa galería de mostra na web de Shapeways. Sen dúbida, este tipo de produtos resultará moi atractivo para os afeccionados ás miniaturas e mesmo a artistas.
Vídeo de exemplo dunha impresión 3D en aceiro (unha cinta de Moebius)
Shapeways permite a impresión 3D en aceiro
Compartir Este Artigo
