Pese a que o servizo FriendFeed, montado por unha serie de ex traballadores de Google involucrados en proxectos coma Gmail, non goza dunha visibilidade moi elevada, o que non impide que fose moi atractivo para Facebook ata chegar ao punto de adquirir a compañía por un prezo non anunciado, que moitos ven como un xeito de facerse co staff de FriendFeed, e non coa súa plataforma de life-streaming.
FriendFeed está pensado para que os usuarios poidan gozar dun punto central no que compartir mensaxes, fotografías, vídeos mapas e moitas outras cousas, características que pouco a pouco foi adoptando Facebook.
Queda agora por saberse se FriendFeed conservará a súa independencia ou integrarase en Facebook, aínda que a medio prazo está confirmado que FriendFeed continuará a funcionar como ata o momento.
Facebook merca FriendFeed
Compartir Este Artigo
