Unha das funcións mellor recibidas de Windows 7 é sen dúbida o seu sistema de virtualización de Windows XP, de xeito que os usuarios que teñan que facer uso dunha aplicación que non funcione axeitadamente de xeito nativo en sistemas operativos modernos poden tirar proveito dunha máquina virtual que simula o funcionamento de XP, pero dende Sony confirman que os seus portátiles VAIO non poden utilizar esta tecnoloxía por estar desactivada por defecto.
Loxicamente os usuarios deste tipo de equipos están a pedir a activación da tecnoloxía de virtualización, pero dende Sony aseguran que pecharon tal billa para evitar problemas de seguridade, aínda que mirarán de activar esta opción nunha pequena selección de equipos.
O portátiles Sony VAIO non poden virtualizar Windows XP
Compartir Este Artigo
