Pese a que a edición de 64 bits de Windows Vista leve no mercado dende 2006, é unha completa descoñecida para o público, polo que moitos usuarios sentíanse defraudados ao comprobar que o seu ordenador con 4 Gb de RAM (ou máis) só facía uso de 3 Gb por limitacións do sistema operativo, de aí que resulta evidente que Windows 7 será a plataforma que impoña os sistemas operativos de 64 bits, por poder xestionar ata 128 Gb de RAM, e recomendándose para equipos con a partir de 4 Gb de memoria (de feito, os fabricantes o pre-instalarán en ordenadores con 4 ou máis gigabytes de RAM).
Actualmente o software de 64 bits é pouco habitual, de aí que o salto tecnolóxico non sexa tan doadamente percibido coma debería, aínda que a mera xestión da memoria RAM xa é un motivo de peso para apostar por esta nova plataforma, aínda que coma desvantaxe está o feito de que aínda que as aplicacións de 32 bits funcionen sen problemas nos equipos de 64 bits, a cousa pode cambiar se falamos de controladores de dispositivos, de xeito que os usuarios que queiran actualizar a Windows 7 de 64 bits deberán comprobar antes se o seu hardware é compatible.
Windows 7 podería popularizar os sistemas operativos de 64 bits
Compartir Este Artigo
