Perfil de MySpace no que aparecen anotacións realizadas en TwitterAs anotacións en Twitter poden sincronizarse dende hai moito dende Facebook, e agora este tipo de prestación achégase tamén a MySpace, de xeito que nos perfís de MySpace poden amosarse os tuiteos aforrando aos usuarios facer a carga de contidos dúas veces, aínda que neste caso a comunicación entre os servizos é bidireccional, de xeito que tamén pode facerse que as anotacións en MySpace aparezan en Twitter. O servizo de sincronización de MySpace polo momento limítase a Twitter, pero é de agardar que nos vindeiros meses estendan a aplicación a outras plataformas, aproveitando así as sinerxías entre servizos da Web 2.0.