Onte púidose escoitar en Santiago de Compostela, durante as xornadas Presente e futuro da prensa e a televisión, coma o secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, asegurou que «nos primeiros días de 2010» completaranse a primeira e a segunda fase do despregamento da Televisión Dixital Terrestre na nosa comunidade, avanzando así de cara ao apagamento analóxico previsto para o vindeiro 3 de abril.
O actual Goberno da Xunta asegura que estes retrasos veñen producidos da falta de planificación da Administración galega durante o bipartito, e agora están a traballar a marchas forzadas para poder chegar a tempo á data fichada para a transición definitiva da televisión analóxica á dixital, o que segundo os especialistas na materia será posible, de xeito que o 98% da poboación galega contará con cobertura da TDT, mentres que o resto deberá optar por outras alternativas coma o satélite.
En xaneiro produciranse novos apagamentos analóxicos en Galicia
Compartir Este Artigo
