Nos últimos días circulou pola web un vídeo no que uns pescadores galegos avistaban un obxecto voador non identificado (OVNI) do que tamén deron conta no Faro de Vigo e La Voz de Galicia, ao que seguiu unha gravación na que amosan unha cápsula desprendida do OVNI, na que pode verse que todo trátase dunha campaña de márketing viral de Terra, para celebrar a xeito de homenaxe o 71º aniversario da emisión do serial radiofónico de Orson Wells baseándose na novela de A Guerra dos Mundos de H. G. Wells.
O último vídeo desta iniciativa deixa claro que todo é unha broma da que podemos coñecer máis detalles nunha gravación a xeito de Making of.
O vídeo principal desta campaña
O vídeo do OVNI galego era unha homenaxe a H.G. Wells
Compartir Este Artigo
