O diario El Progreso publicou que os axentes da Garda Civil de Tráfico de Lugo xa fan uso de PDA para tramitar as multas por infraccións na estrada e consultar en tempo real calquera tipo de información sobre os condutores e os seus vehículos cando están de patrulla.
A Comandancia luguesa recibiu uns 96 terminais para que todas as patrullas que prestan servizo nas estradas da provincia poidan dispor polo menos dun equipo, podendo así consultar a información dos vehículos (documentación, ITV, vixencia do seguro…) con só teclear o seu número de matrícula, aínda que tamén servirán para impor sancións que comunicaranse automaticamente á Dirección Xeral de Tráfico (DGT) á vez que imprime unha copia do boletín para o infractor.
Estes dispositivos tamén inclúen a posibilidade de aboar o importe das sancións mediante tarxeta de crédito (con consecuente desconto).
A Garda Civil de Tráfico de Lugo xa tramita multas vía PDA
Compartir Este Artigo
