Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Granxafamiliar.com dá un paso adiante coa posta en marcha dun museo virtual de rutas polo noso rural
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Granxafamiliar.com dá un paso adiante coa posta en marcha dun museo virtual de rutas polo noso rural

Fernando Sarasketa
Publicado: 05/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

galicia_autentica.jpgO noso rural agarda polas TIC coma agarda, tamén, polas mellores condicións posibles de tempo para obter os mellores resultados de colleita. Dito doutro xeito: as redes e as actividades agrogandeiras nunca foron incompatibles, máis ben o contrario. Se houbo falta de entendemento, foi porque alguén (institucións públicas, empresas, entidades de todo tipo) non fixo ben os deberes. Para quen aínda teña dúbidas sobre isto, cómpre que dirixa a ollada cara a experiencias como Granxafamiliar.com, web posta en marcha polo Grupo de Investigación Gist-Idega da USC e máis a Asociación para o Desenvolvemento da Agricultura Familiar (ADAF) co obxectivo de asegurar e potenciar a presenza nos mercados globais de elementos tan locais como as nosas explotacións agrarias familiares e os seus produtos.
Pois ben, segundo fan saber os responsables da iniciativa logo de varios anos de vida do proxecto, Granxafamiliar (que abrangue familias de Brión, Lalín e Antas do Ulla) vén de subir un novo e importante chanzo coa apertura do Museo Virtual de Rutas Etnográficas de Galicia.
A proposta, que se aloxará na web galiciaautentica.org recollerá en formato multimedia aqueles aspectos da cultura, paisaxe, estilos de vida, costumes e tradicións, gastronomía, arqueoloxía ou patrimonio que permiten obter unha auténtica visión “alternativa” da xeografía cultural de Galicia.
Por certo que para quen queira afondar nos contidos e posibilidades deste proxecto multimedia, dicir que o sábado 7 está previsto no Concello de Lalín un encontro entre técnicos e investigadores do Gist-Idega e representantes das trinta familias produtoras que participan en Granxafamiliar. A xuntanza será ás 16:00 horas en Casa Pájaro, na parroquia lalinense de Filgueira.
Segundo contan os coordinadores de ámbolos dous proxectos, o xermolo do Museo xa hai tempo que vai collendo corpo. De feito, un equipo de técnicos está a percorrer arestora as diferentes bisbarras galegas rexistrando en diferentes formatos (vídeo, imaxe e son) pequenos anacos “a xeito de flashes” da vida cotiá que os habitantes do noso rural desenvolven nos seus espazos domésticos e de traballo.
Este arquivo multimedia dixital, engade o grupo da USC, está sendo xeo-referenciado a partir de Google Maps e divulgado en redes socias con canles propias en Youtube e Facebook. “Deste xeito”, informan, “preséntase unha Galicia auténtica, descoñecida, con todos os aspectos positivos e negativos que nos caracterizan como pobo orixinal e diferente no contexto español e europeo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?