Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta remodela a súa web, facéndoa máis funcional e intuitiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta remodela a súa web, facéndoa máis funcional e intuitiva

Raquel Noya
Publicado: 16/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xunta.es_nova_web_20091116.jpgNo marco do desenvolvemento do proxecto Galicia na Rede, un programa que foi aprobado polo Consello da Xunta o pasado mes de xullo e que ten como principal obxectivo establecer un novo modelo da presenza da Administración pública galega na Internet, a Xunta vén de por en marcha a versión inicial da súa nova páxina web institucional, Xunta.es, máis funcional e intuitiva, que estrutura os contidos en bloques de maneira que as persoas usuarias poidan acceder máis facilmente á información que precisen.
Con estes cambios, Xunta.es busca converterse na ferramenta de referencia da Administración para coa cidadanía, “un primeiro paso cara á nova posición da Xunta en Internet”, aclaran, “orientada a resaltar a súa misión como canle de información e servizos públicos á sociedade”. O obxectivo desta aplicación en liña é, engaden, “facilitar o acceso da cidadanía a toda a información e servizos da Xunta”.
Co obxectivo de resaltar as áreas de servizos, esta primeira versión da nova web institucional que se puxo en marcha esta fin de semana, supón unha reestruturación dos contidos existentes, e implica a reordenación das áreas de portada, a reestruturación das páxinas interiores e a incorporación dunha enquisa cara ao cidadán, entre outras modificacións. Este cuestionario pretende obter información sobre o perfil do cidadán que se achega á Xunta a través da Rede, así como dos servizos que agarda recibir a través desta canle desde a Administración pública.

A nova web busca a participación dos seus usuarios para mellorar
A nova web busca a participación dos seus usuarios para mellorar
A planificación do proxecto Galicia na Rede prevé que a comezos de 2010 estea xa dispoñible unha nova web institucional coa nova orientación como canle de comunicación co cidadán e como presenza da Administración e de Galicia na Internet. A partir dese momento, segundo indican dende o executivo, “desenvolverase un plan específico de traballo con cada consellería, coa colaboración das distintas áreas, para acadar o obxectivo común de ofrecer mellores servizos aos cidadáns”.
A web resultante deste proceso converterase, segundo engaden, “nun elemento fundamental no modelo de goberno electrónico da Xunta Galicia, xa que se configurará como a canle de entrada ao portelo do cidadán e como soporte da sede electrónica”.
Ademais do redeseño da páxina web, o proxecto Galicia na Rede implica todas as web vencelladas á Administración autonómica. Este programa debe permitir compatibilizar un portal corporativo de referencias coas iniciativas na Internet que acometan as distintas consellerías, así como racionalizar os recursos humanos, tecnolóxicos e económicos destinados á presenza da Xunta na Internet.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?