Os Premios EGANET 2009, dirixidos a recoñecer os esforzos feitos para que as redes e os galegos teñamos o mellor entendemento posible, van chegando paseniño á súa recta final. Segundo informa a organización (a Asociación de Empresas Galegas Adicadas a Internet e ás Novas Tecnoloxías), o vindeiro luns 23 de novembro ás 24 horas finaliza o prazo de presentación de proxectos. Lembrar que os premios, nos que poden concorrer entidades, profesionais ou empresas galegas que teñan vínculos coas TIC, establécense en nove categorías: E-Emprendedores; Cultura Dixital; Software Libre; Tecnoloxía Accesible; Comunicación Web; Publicidade Online; E-Comerce; Mellor Aplicación Online e, como novidade da presente edición, Mellor Ambiente Laboral.
Da elección final dos diferentes galardoados encargarse un xurado externo á entidade organizadora e constituído por especialistas do sector dixital galego. Os gañadores daranse a coñecer na gala de entrega de premios prevista para o vindeiro 16 de decembro en Santiago de Compostela. Por certo que a formalización das candidaturas pode levarse a cabo por medio dunha páxina específica habilitada por EGANET.
O prazo para participar nos Premios EGANET finaliza este luns
Compartir Este Artigo
