Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense celebra o 50 aniversario de A Esmorga cun certame de curtas feitas co móbil
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense celebra o 50 aniversario de A Esmorga cun certame de curtas feitas co móbil

Fernando Sarasketa
Publicado: 18/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

blanco_amor.jpgA Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, é un libro para descubrir e, coma as obras de arte indiscutibles, para perdurar. O feito que teña tantas/os e tan fieis seareiras/os, malia que unha boa parte delas/os chegase á novela dun dos peores xeitos posibles (pola forza en institutos, facultades e eventos formativos varios), non fai máis que corroborar o que xa se sabía: que é unha obra viva. E tanto que é así: albiscándose ao lonxe a celebración do 50 aniversario da súa publicación xa hai quen quere ligar a obra aos máis innovadores métodos de creación e comunicación. Máis polo miúdo, a unha parte moi específica do libro: o emprazamento polo que se moven os seus personaxes. Este de potenciar unha obra xa clásica no máis moderno é o miolo do concurso A Esmorgaphone, que consiste en recoñecer as mellores curtametraxes gravadas dende o móbil sobre os escenarios que inmortalizou Blanco Amor.
O certame, organizado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense, está integrado na programación de Intercultural e, como dixemos, insírese na conmemoración da saída do prelo de A Esmorga, feito que non só condicionará por forza a temática dos traballos que se presenten (malia a ampla marxe de liberdade creativa que se achega) senón o resultado visual dos mesmos, que terán que ter puntos de ligazón cos camiños andados polos personaxes do libro. Segundo informa a Vicerreitoría, a participación está aberta a calquera persoa, ben sexa de xeito individual ou colectivo e a duración máxima dos traballos é de dous minutos.
A organización do concurso contará coa achega do xestor de actividades culturais Filemón Rivas, para quen está claro que a finalidade principal de mesturar unha obra literaria xa clásica coas máis novas tecnoloxías responde a un interese por fomentar o achegamento das novas xeracións á novela de Blanco Amor e, por extensión, ao noso rico e variado patrimonio literario. Asemade, o que se busca é implicar á comunidade estudantil nas accións de lecer extra académicas que se están a organizar no Campus.
Polo que respecta a prazos, bases e premios, dicir que as curtas deberán ser entregadas antes do 15 de decembro, pudendo logo descargarse dende a páxina web do Campus. O xurado estará integrado polos organizadores directos e indirectos da Intercultural, que terán a opción de deixar o premio deserto sempre e cando as características das curtas achegas non cumpran os requirimentos esixidos. As bases do concurso establecen un único premio para o gañador, que consistirá nun teléfono móbil de última xeración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?