Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Advirten dende FICOD da necesidade de dar boa imaxe corporativa na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Advirten dende FICOD da necesidade de dar boa imaxe corporativa na Rede

Fernando Sarasketa
Publicado: 19/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ficod_2009.jpgUnha vez máis falamos do Foro FICOD, desta volta para informar dun dato concreto exposto onte na feira tecnolóxica e de certa importancia para a comunidade internauta: o coidado que cómpre ter na Internet en contraposición ao que facemos e dicimos na nosa vida diaria. Dito para que se entenda: as informacións achegadas na Rede, máis que as transmitidas por comunicación verbal, teñen tendencia a ficar intactas e recuperables facendo gala dunha teimosía comparable á de determinados fósiles. Este que é un dato a ter en conta para a nosa vida persoal, éo tamén para as empresas. Son declaracións da directora de Social Media Marketing de Web4, Lola González, para quen está claro que o que se conta na Rede fica alí para sempre, sendo case imposible rematar dun día para outro coa nosa hipotética mala imaxe.
Segundo conta SiliconNews dende FICOD, procurar manter sempre o tino no dixital é un bo xeito de comezar a nosa andaina corporativa na Rede, e máis tendo en conta dous ou tres factores: cada vez hai máis internautas, cada vez os internautas deixan pasar un menor número de meteduras de zoco e cada vez teñen máis marxe de manobra para tirar abaixo unha empresa.
Para a devandita relatora, a Internet participativa, a 2.0, ábrelle a veda ás críticas e ás malas opinións dos usuarios, que atopan na plataforma o altofalante global que lles faltaba. Este coidado de imaxe virtual, en contra do que se poida pensar, non é tarefa doada. Para a especialista en promoción en liña, está claro que hai unha gran cantidade de empresas e profesionais que camiñan un pouco perdidos pola Rede e sen saber moi ben que facer para chamar a atención dos internautas sen provocar un incendio.
Por certo que na mesma xornada de actividades e entroncando co mesmo tema, FICOD tamén lle deu voz a Luis del Pozo, director de Promoción e Vendas de Jazztel, quen atopa cousas negativas pero tamén moi positivas no feito de que teñamos entre mans unha Rede que sen segredos o deixa ver todo. En certa maneira, apuntou, quen está na Internet está máis que nunca nun escenario á vista de todas e todos, coa vantaxe do auditorio participativo e co inconveniente relativo de ser, precisamente, axente activo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?