Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CLAG amosa no FICOD o nivel de innovación e competitividade empresarial do audiovisual galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CLAG amosa no FICOD o nivel de innovación e competitividade empresarial do audiovisual galego

Redacción
Publicado: 20/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

clag_no_ficod.jpgO Clúster Audiovisual Galego, CLAG, presentou esta mañá no Foro Internacional de Contidos Dixitais, FICOD 09, cinco proxectos punteiros liderados por empresas galegas que puxeron de manifesto a elevada solvencia e o gran potencial de crecemento que posúe o audiovisual que se está a realizar en Galicia nos ámbitos da animación, os videoxogos, os mundos virtuais e a alta definición e deixaron patente o a contorna altamente competitiva que está a formar o audiovisual galego grazas ao espírito de colaboración que promove o CLAG.
Á presentación, titulada Claves futuras do sector audiovisual e moderada pola xerente do CLAG, Carla Reyes, asistiron unha treintena de directivos e profesionais dos contidos dixitais así como o representante do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Jesús Cañada. Os participantes na sesión quedaron impresionados co nivel de innovación, orixinalidade e competitividade do empresariado audiovisual galego e coa envergadura dos proxectos consorciados nos que está a traballar a Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, i+dea.
No ámbito da Alta Definición, Jorge Algora, director de Adivina Producciones , deu a coñecer o proxecto HDDH (plataforma de distribución de contidos en alta definición) acompañado de representantes de Lambdastream, Blusens Technology e o CITIC da UDC, que conforman o consorcio que lidera este proxecto, cuxo obxectivo é obter resultados prácticos sobre a adaptación aos estándares de alta definición da cadea de valor do audiovisual desde a creación de contidos ata o seu consumo en fogar dixital utilizando a distribución baseada en IPTV.
Manuel Meijide, director de Ilux Visual Technologies, a nova empresa asociada ao CLAG, presentou o Proxecto Metavisual que está a desenvolver a Plataforma Tecnolóxica Audiovisual Galega, i+dea , consistente nunha plataforma formativa nos metaversos para o sector audiovisual.
Manuel Gómez e Lucas Mackey, de Dygra Films, ofreceron un avance da súa longametraxe de animación “Noite ¿de paz? (Holy night!, en inglés), que será o primeiro film español realizado con tecnoloxía dixital 3D estereoscópica. Asemade presentaron a nova área da compañía galega de prestación de servizos en tecnoloxía 3D.
Tamén presentouse outro dos proxectos que está a desenvolver a Plataforma i+dea: SCQ 2010. O Camiño, o primeiro metaverso cultural do Camiño e Santiago de Compostela no século XV, con finalidade pedagógica. Foi presentado por Julio Casal, director de Ficción Producciones, que lidera o proxecto, e amosou ante os asistentes imaxes do que será a animación do videoxogo.
Por último, Carlos Fernández, de Continental Producciones expuxo o proxecto Emotional Training, unha liña de videoxogos para Wii e outras plataformas, baseados na intelixencia emocional, a última tecnoloxía capaz de captar a través de sensores as diferentes emocións ante os estímulos do xogo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?