
Feijoo lembrou que a Xunta continúa cun «firme propósito de seguir impulsando as telecomunicacións» apoiándose nas súas principais fortalezas: o talento dos profesionais e das empresas e o talento das universidades galegas.

No evento tamén participou o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro Durán, quen destacou o obxectivo da Xunta de achegar a TDT ao 100% da poboación galega para evitar unha «discriminación tecnolóxica», asegurando que a primeiros de abril «Galicia será totalmente dixital».
Pola súa banda, Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxicas, destacou que o Executivo autonómica asegurou que «unha das liñas de actuación prioritarias da Xunta foi a posta en marcha dunha estratexia global de telecomunicacións que se visualizará nunha primeira fase no Plan director da banda larga, que ten como obxectivo achegar estas oportunidades de futuro a todo o noso territorio».
Núñez Feijoo súmase á reivindicación dunha sede galega para a Axencia Estatal de Radiocomunicacións
Compartir Este Artigo

