Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Presentan un dicionario visual interactivo nas Xornadas de escolarización de alumnado inmigrante
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Presentan un dicionario visual interactivo nas Xornadas de escolarización de alumnado inmigrante

Redacción
Publicado: 23/11/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dicionario_visual_interactivo.jpgMáis de 400 docentes e orientadores participaron esta fin de semana nas Xornadas de escolarización de alumnado inmigrante que, baixo o título Eliminando Fronteiras, se celebraron no Palacio de Congresos de Santiago de Compostela. Coa organización deste evento, en colaboración doa ONG InteRed, a Consellería de Educación segue a mostrar o seu compromiso coa educación inclusiva, aquela na que todos os nenos e nenas aprenden xuntos, independentemente das súas condicións sociais ou culturais; valorando as diferenzas entre eles un elemento algo enriquecedor.
Durante os dous días nos que se desenvolveron as xornadas, déronse cita en Santiago numerosos expertos en pedagoxía, recursos educativos e prácticas para a inclusión social. Grazas a todas as súas experiencias, Eliminando Fronteiras puido mostrar un amplo abano de realidades escolares e enfoques educativos dos países de procedencia do alumnado inmigrante. Ademais, e como colofón das xornadas, na tarde do sábado varios centros escolares galegos expuxeron as súas experiencias de escolarización inclusiva, de recoñecido éxito. Así, o IES Carlos Casares, de Viana do Bolo (Ourense) amosou o proxecto de cooperación que impulsa coa Unidade Educativa Timoteo Rondales da localidade boliviana de Bermejo, que lle valeu o Premio Nacional de Educación para o Desenvolvemento. Exemplo de boas prácticas neste eido, tamén estiveron presentes os CEIP López Ferreiro (Santiago de Compostela) e o IES San Rosendo, de Mondoñedo (Lugo).
Así, o sábado celebráronse dez obradoiros simultáneos con participación activa dos asistentes, nos que se van abordar asuntos como o uso das novas Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) e a web 2.0 como ferramentas interculturais; a ensinanza de segundas linguas como forma de facilitar a integración nas escolas; ou as prácticas educativas ambientais para a construción dunha visión inclusiva da vida.
Ademais de conferencias e obradoiros, o Palacio de Congresos acolleu a presentación da ampliación do Dicionario Visual Interactivo para o alumnado procedente do estranxeiro, unha ferramenta para facilitar a estes rapaces e rapazas iniciación no uso da lingua galega, que tamén se pode atopar en inglés.
Baseado nunha atractiva combinación de cores, o dicionario mostra unha ducia de escenarios do entorno educativo (a aula, o laboratorio, conserxaría, etc.), de tal forma que os estudantes poidan exploralos e localizar os termos máis comúns, escoitar a súa pronuncia e mesmo ver exemplos do seu uso, contextualizados en frases. A ferramenta incorpora, ademais, unha serie de actividades, como sopas de letras ou encrucillados.
O dicionario ve agora ampliados os seus contidos con dez escenarios máis, que xiran arredor de outras contornas da realidade cotiá e social galega: unha romaría popular, un centro de saúde, unha praza de abastos…
Cara a finais de ano, a Consellería de Educación prepara outros seis escenarios máis para incorporar a esta ferramenta a finais de ano, así como unificar nun mesmo dicionario as tres linguas: galego, castelán e inglés.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?