Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: As mulleres rurais galegas botan man da Rede 2.0 para loitar contra a violencia de xénero
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

As mulleres rurais galegas botan man da Rede 2.0 para loitar contra a violencia de xénero

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ruraislab.jpgDende Vmodal, nova empresa tecnolóxica galega especializada en tirar partido das redes sociais para a innovación cidadá, informan da posta en marcha dunha iniciativa de apoio á muller galega que segue este mesmo vieiro do dixital. Máis polo miúdo, trátase dunha proposta que coincide coa celebración do Día contra a violencia de xénero (este 25 de novembro) e que pretende facerse eco das moitas mobilizacións que as mulleres rurais galegas están a levar a cabo na Web 2.0 (a rede participativa) para pór de relevo cuestións como a necesidade de erradicar todos os azos culturais ou sociais que poidan ter as persoas que promoven a desigualdade ou defenden ou infrinxen violencia. A idea vai alén de empregar a Rede para lanzar esta mensaxe: o que se quere é tirar partido das canles máis sociais da mesma, as redes 2.0 que, como altofalantes, máis alcance teñen.
Con este obxectivo púxose en marcha ruraislab.com, espazo virtual de encontro onde as asociacións de mulleres empregan os seus blogs para divulgar opinións sobre esta lacra e debater acerca dos métodos para poñerlle freo.
Segundo informa a empresa Vmodal, responsable da posta en marcha deste servizo, pode verse un resumo dos posts específicos dos distintos blogs para este día e, por outra banda, foron postas en marcha actividades de gran pegada como a gravación dun vídeo dixital coa corporación municipal de Vilagarcía de Arousa e a elaboración dun manifesto.
Malia a súa relativamente breve traxectoria, RuraisLab.com, espazo social de innovación baseado nas demandas das mulleres galegas, foi recoñecido polos seus méritos o pasado 16 de outubro na segunda edición do Congreso de Espazos Sociais de Innovación de Málaga, sendo (informa a firma responsable) a única plataforma destas características procedente da nosa terra presente na Rede española, “e o único dedicado á muller rural en todo o Estado”, engaden.
Pódense ver algúns dos blogs individuais das mulleres rurais nas seguintes ligazóns:
· Valdalourinha (Asociación de Mos)
· Lolita Trigo (Asociación de Vilanova de Arousa)
· Sementeira (Asociación de Redondela)
· Sardiñeira (Asociación de Vilagarcía)
· Nogueira (Asociación de Meis)
· Caselas (Asociación de Caselas)
· Tempo gañado (Asociación de Salvaterra)
· Ledicia (Asociación de Navia de Suarna)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?