
Segundo relata a USC, nesta convocatoria estanse a dar cita 500 investigadores TIC de universidades e centros de innovación da comunidade de RedIRIS, incluíndose tamén nas xornadas un total de catorce empresas en calidade de patrocinadoras.
A longo deste encontro, organizado pola propia USC en colaboración co Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA), non só está previsto o desenvolvemento de sesións para o intercambio de experiencias entre os devanditos profesionais, senón que o programa tamén inclúe actividades paralelas con relatorios sobre diferentes temáticas (identidade dixital, contidos en rede, seguridade en liña, virtualización, integración de servizos, etc).
No acto de clausura, o vindeiro venres 27, está prevista a presenza do decano da Facultade de Ciencias da Comunicación, Xosé Pereira Fariña, e do director de RedIRIS, Tomás de Miguel. Este acto estará precedido polos relatorios plenarios de Ignacio Martín Llorente, da Universidade Complutense de Madrid, e de Miguel Álvarez Rodríguez, do Ministerio de Presidencia, que versarán sobre OpenNebula: Tecnología Open-source y Basada en Estándares para Cloud Computing e Proyecto STORK: Interoperabilidad de las Identidades Electrónicas en Europa, respectivamente.
Por certo que o programa de actividades ao completo pódese seguir con tecnoloxía streaming dende a páxina web da Rede.
Até 500 especialistas participan en Santiago nas xornadas sobre RedIRIS
Compartir Este Artigo

