Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega á Coruña a exposición dixital Movemento Avanza
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega á Coruña a exposición dixital Movemento Avanza

Fernando Sarasketa
Publicado: 25/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

movemento_avanza_coruna.jpgA Rede tamén viaxa, e máis se do que se trata é de informar polo miúdo das súas vantaxes para empresas, institucións e cidadáns de a pé. Nisto precisamente consiste a iniciativa móbil que vén de arribar á Coruña da man do Ministerio de Industria e a Xunta de Galicia: o evento itinerante Movemento Avanza, arestora na súa segunda fase. Máis polo miúdo, trátase dunha exposición tecnolóxica sen base fixa e encamiñada a acurtar a distancia que afasta ás vantaxes das novas canles do coñecemento dunha boa parte da sociedade. Amais da exposición en si mesma, a iniciativa dá acubillo a todo tipo de actividades participativas, entre obradoiros e conferencias encamiñados a afondar na utilidade práctica das novas tecnoloxías. A día de hoxe, calcúlase que xa participaron na mostra arredor de 150.000 persoas de todo o Estado español.
mar_pereira_movimiento_avanza_02.jpgNa inauguración desta etapa galega da iniciativa, que ficará na dita cidade ata este 29 de novembro, participaron representantes do Goberno central e máis da Xunta, como por exemplo Mar Pereira, secretaria xeral de Modernización, quen aproveitou a oportunidade para enumerar os esforzos que o seu departamento está a desenvolver no impulso á Sociedade da Información, esforzos como por exemplo o Plan director de telecomunicacións, o afianzamento da Administración Electrónica ou o pulo ás novas tecnoloxías no eido empresarial.
Nun plano máis concreto, a secretaria xeral sinalou que o orzamento do programa global de telecomunicacións (abranguendo iniciativas como o devandito Plan director ou o despregamento da TDT) do Goberno galego é de máis de 260 millóns de euros para esta lexislatura. Dentro deste programa, engadiu, cobra especial importancia o impulso ao e-goberno, ou, o que é o mesmo, un novo tipo de relación -a través do dixital- entre as institucións públicas e os cidadáns. Neste senso, salientou a posta en marcha da nova face virtual da Xunta (un primeiro paso de cara á converter o portal “na ferramenta de referencia na Administración fronte á sociedade”, puntualizou) ou o desenvolvemento da páxina imit.xunta.es, un espazo habilitado para informar polo miúdo das accións que a Xunta leva a cabo en materia de Sociedade da Información.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?