Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AGESTIC presentou en Madrid o seu proxecto de inclusión socio-dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AGESTIC presentou en Madrid o seu proxecto de inclusión socio-dixital

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/11/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

camino_satelites_madrid.jpgO Xacobeo 2010, con tódalas louvanzas e as críticas que se lle poden facer, ten capacidade de abondo como para ocupar unha boa parte dos contidos dos medios de comunicación. Tendo en conta isto, a súa repercusión, é ben probable que achegue as condicións necesarias para promover cuestións de interese social. Así o entende AGESTIC, a Asociación Galega de Empresas de Tecnoloxías da Información, para quen está claro que o Ano Santo que xa se albisca ao lonxe reforza e promove calquera iniciativa que se leve a cabo a prol dos colectivos en risco de exclusión social e dixital. Nesta liña é onde se insire o programa O Camiño dos Satélites, posto en marcha coa Fundación Tecnoloxía Social e presentada hai uns días en Madrid.
O proxecto, que foi avanzado polo cantante invidente Serafín Zubiri en Compostela, consiste en tirar proveito do Camiño para poñer de relevo dúas materias pendentes: a mellora da calidade de vida das persoas con diversidade funcional e a existencia (aínda a estas alturas da Sociedade da Información) dunha fenda dixital.
A natureza da iniciativa foi explicada con todo detalle na capital de España polos máximos representantes de AGESTIC e a dita Fundación, José María López Bourio e Enrique Varela Couceiro, respectivamente. Xuntos, e en compañía do devandito Serafín Xubiri (imaxe activa da campaña) e de José Ramón Onega (director da Casa de Galicia en Madrid), enumeraron todos e cada un dos contidos e obxectivos da iniciativa O Camiño dos Satélites:
· A iniciativa inclúe unha peregrinación comandada por Serafín Zubiri dende Roncesvalles ata Santiago e na que participarán persoas con diversidade funcional e voluntarios apoiados todos eles por diversos exemplos de tecnoloxías da información.
· O seguimento farase por medio de GPS e GPRS.
· A ruta será rexistrada para a elaboración posterior dun documental.
· O itinerario virá acompañado da posta en marcha dunha web con todo tipo de utilidades 2.0.
· Ao longo do Camiño levarase a cabo unha serie de eventos tecnolóxicos.
· Efectuarase un diagnóstico de accesibilidade do Camiño.
· Tirarase partido das audio-guías e de recursos tecnolóxicos como Kapten, un dispositivo desenvolvido na súa orixe para o groso da poboación pero que, de xeito paradoxal, achega importantes vantaxes para o día a día das persoas cegas. Este aparello, que funciona con voz e do mesmo xeito (con voz) lle responde ao usuario, ten amplas posibilidades de apoio e asistencia para as persoas invidentes. No caso de Zubiri e o seu percorrido levado a cabo ata Santiago o pasado verán, serviulle entre outras cousas para poñelo ao tanto en todo intre da súa localización ao longo do Camiño, das rutas a seguir, das características desas rutas (se tiñan moito tráfico, se viñan curvas ou costas abaixo) dos puntos de interese turístico que estaba a piques de visitar ou dos establecementos máis idóneos para comer ou ben descansar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?