Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Estudantes de toda a nosa xeografía toman a Tecnópole para presentar o seus inventos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Estudantes de toda a nosa xeografía toman a Tecnópole para presentar o seus inventos

Fernando Sarasketa
Publicado: 26/11/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

galiciencia-4.jpgMalia que existe a tendencia a crer que unha feira tecnolóxica é exclusividade de profesionais e investigadores que peitean canas, o tópico vense estes días abaixo na Tecnópole de Ourense, no marco do encontro Galiciencia, onde quen dirixe con man firme os diferentes stands da mostra son mozas e mozos procedentes de toda a nosa xeografía. En total, estamos a falar de medio cento de equipos de estudantes chegados das nosas catro provincias e de Catalunya e Euskadi e amosando, ata este venres, o miolo dos seus inventos, todos eles compartindo o alicerce común de terse adiantado cos seus proxectos a empresas, centros de investigación e organizacións de toda índole. Porén, esa non é a única base aplicable ao conxunto: a práctica totalidade das innovacións presentadas diríxense a mellorar a calidade de vida dos hipotéticos usuarios. Haber, hai de todo, malia abranguer máis eido de acción os proxectos de enxeñería e todo tipo de investigacións científicas.
A feira Galiciencia que organiza a Tecnópole, inserida na Semana da Ciencia en Galicia, chegará ao seu remate este día 27 cando o xurado seleccionado para a ocasión dea a coñecer as (ao seu xuízo) mellores propostas en tres categorías por idades.
Por zonas de procedencia, contabilizáronse 15 proxectos de escolares da provincia de Pontevedra, outros 15 de Ourense, 9 da Coruña, 4 de Lugo, 6 de Barcelona e 1 de Guipúzkoa.
Segundo conta a Tecnópole, entre os enxeños achegados (que xa se poden visitar a distancia no Flickr) podemos atopar auténticas aplicacións tecnolóxicas ao servizo da utilidade, a seguridade, a limpeza ou a mellora da comunicación. A continuación damos conta duns exemplos:
· Un conxunto de sensores para operar de xeito coordinado e permitir o manexo de todo tipo de ferramentas informáticas a través dos movementos do corpo. A ferramenta, o Handtracking v2.0, veu da man de dous equipos do IES Rosalía de Castro de Santiago, ao igual que o sistema operativo para computadores que deixa marxe para que o usemos sen que sexa preciso unha instalación previa.
· Un protector para xeados que evita que nos manchemos, presentado por alumnas da localidade ourensá de San Cristovo de Cea.
· Un modelo de roda para automóbil con dobre cámara e reflectantes que estudantes do IES Xoán Montes de Lugo deseñaron para circular máis seguros en mollado.
· Un enxizador para tacos de billar que conta cun motor con redución de velocidade, ademais cun caxetín para recoller o po que se desprende, deseñado por un alumno do IES Val do Tea, de Ponteareas (Pontevedra).
· Unha mochila ergonómica para evitar sobrecargas nas costas ideada por un equipo do Colexio Guillelme Brown de Ourense formado por estudantes “fartos de sufrir polo peso dos libros todos os días”.
· Unha achega para o adestramento de pequenos robots para que practiquen diferentes deportes, bailen ou mesmo sexan quen de moverse e saír dun labirinto. Esta innovación veu da man de estudantes de Nigrán.
· No eido do aproveitamento de enerxías limpas e renovables cómpre salientar unha instalación termo+fotovoltaica de alumnos do CPR Divino Maestro de Ourense; un novo motor eléctrico con maior rendemento desenvolvido por estudantes barceloneses; ou un panel solar con células orientadas ideado por rapaces lucenses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?