Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG organiza este xoves unha xornada sobre os riscos das redes sociais para a mocidade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG organiza este xoves unha xornada sobre os riscos das redes sociais para a mocidade

Fernando Sarasketa
Publicado: 30/11/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mesa_redonda_CPEIG-1aecd.jpgA Rede é un espello ben comunicado de nós mesmos, pero un espello a fin de contas. Está a nosa disposición para que lle deamos fondo e feitura, con todo o que isto pode ter de positivo e tamén de negativo. Poñer sobre aviso aos usuarios da Rede máis susceptibles de non caer na conta desta multiplicidade de intencións que abrangue a Internet é un dos obxectivos da xornada que o CPEIG (Colexio Profesional de Enxeñaría Informática de Galicia) prepara para estes xoves 3 de decembro en Santiago. O encontro, que se vai celebrar na Casa das Asociacións Veciñais de Cornes a partir das 19.00 horas, xirará arredor dos distintos perigos e riscos que o emprego das redes sociais poden representar para os adolescentes e os nenos.
A xornada (que se celebra baixo o epígrafe Redes sociais, Facebook, Tuenti… A cara oculta d@s amig@s d@s meus fill@s) contará coa presenza de diversos especialistas na Rede participativa para informar en detalle do que poden facer as nais e os pais que se dean cita no evento á hora de protexer dixitalmente aos seus fillos. A mesa redonda está organizada pola Coordinadora de Traballo en Rede do Barrio de Conxo-Milladoiro e conta coa colaboración do CPEIG.
Como presentadora da mesa redonda actuará a concelleira de Mocidade, Economía e Facenda do Concello de Ames, Patricia Conde Lois, e como coordinadora do acto intervirá María Dolores Alvariño Alejandro, orientadora do IES Eduardo Pondal de Santiago.
Por parte do CPEIG participará o seu presidente, Fernando Suárez Lorenzo.
Acompañarano na mesa a directora da UMAD do Concello de Santiago, Pilar Bermejo González, e o tenente coronel da Garda Civil e xefe da Sección de Operacións 15ª Zona Galicia, Eduardo Martínez Viqueira.
A clausura da mesa redonda correrá a cargo de Mar Martín García, concelleira delegada de Benestar Social e Muller do Concello de Santiago.
Segundo informa o CPEIG, a xornada afondará en cuestións como a orixe e alcance actual das redes sociais, a súa repercusión na mocidade e a adición ás mesmas. Para o Colexio, trátase dunha mostra máis do seu compromiso a prol dun uso axeitado das ferramentas da información, imprescindibles para a nosa formación pero (ao mesmo tempo) susceptibles de poñernos ao alcance de certos riscos. Nesta liña insírese a colaboración do CPEIG con diferentes administracións e organizacións de toda Galicia “na posta en marcha de foros de debate sobre as ameazas que xorden dende as redes sociais para a mocidade e a nenez”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?