A Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e a Escola de Medios de La Voz organizan o vindeiro venres 11 de decembro, ás 10.00 horas, un foro dirixido a afondar nas moitas vantaxes que a Internet participativa (a que tamén se fai coa axuda directa do usuario ou usuaria) pon en xogo dende o punto de vista empresarial ou público. O encontro Comunicación en redes sociais, oportunidades para as empresas e análises do retorno do investimento celebrarase no Museo da Prensa de La Voz (Sabón, Arteixo) e contará coa presenza activa de Gustavo Entrala, director xeral da axencia de publicidade dixital 101 (logo da súa andaina no Grupo Recoletos e a posta en marcha, dende esta palestra, das plataformas dixitais de como Marca ou Expansión).
Entrala, comunicador experimentado en cuestións de promoción dixital, falará no dito foro das vantaxes dos medios sociais na achega directa de información institucional e empresarial, avaliando polo miúdo casos diferentes casos de éxito neste eido concreto.
Para confirmar asistencia ao foro cómpre chamar por teléfono ao número 981 180 416.
O creador de 101 exporá en Arteixo as vantaxes das redes sociais na comunicación
Compartir Este Artigo
