
Cidadáns e cidadás da Coruña e de toda a Comunidade galega participaron nun gran número de actividades, conferencias e obradoiros constatando de forma práctica e divertida as vantaxes do uso das TIC na súa vida cotiá.
O expositor da Xunta puxo á disposición de tódolos visitantes, ordenadores con acceso a Internet, un punto de información, un lector de pegadas dactilares e de DNI electrónico, ademais de diferentes materiais audiovisuais. Os que se achegaron ao expositor tamén puideron observar un apartado dedicado á Televisión Dixital Terrestre (TDT) no que a Xunta divulgou información sobre a situación e o futuro deste servizo en Galicia.
Asemade, as persoas que se achegaron ata esta exposición, recibiron formación sobre diversos aspectos das novas tecnoloxías; unha formación que se centrou tanto na cidadanía, como en empresarios, co obxectivo de informar e formar ás pequenas e medianas empresas sobre as vantaxes de incorporar as novas tecnoloxías ao seu negocio e das axudas que teñen ao seu alcance. Tamén se realizaron diferentes actividades para integrar na Sociedade da Información aos colectivos en risco de exclusión, entre eles maiores, discapacitados e mulleres que, polas súas circunstancias, teñen un difícil acceso ás novas tecnoloxías.
Movemento Avanza é, segundo vén de anunciar o executivo galego, “a maior exposición tecnolóxica itinerante de España”, que organizou o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, en colaboración co Concello da Coruña e a Xunta de Galicia.
Movemento Avanza conclúe coa visita de preto de 12.000 persoas
Compartir Este Artigo

