Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Nace a web iMit, para divulgar as actividades TIC do executivo galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Nace a web iMit, para divulgar as actividades TIC do executivo galego

Raquel Noya
Publicado: 01/12/2009
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

imit.xunta.es.jpgA Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica (SXMIT) vén de por en marcha esta semana, a plataforma web iMit (Iniciativas de Modernización e Innovación Tecnolóxica), que nace co obxectivo de converterse, segundo anunciaron dende o executivo, “na ferramenta de referencia na comunicación, divulgación e promoción das diversas actividades que en materia de Sociedade da Información se leven a cabo dende a Xunta de Galicia”.
A secretaria xeral, Mar Pereira asegura que “esta iniciativa ten a súa razón de ser na estratexia que en materia de promoción, desenvolvemento e difusión da Sociedade da Información e as Comunicacións está a desenvolver a Xunta de Galicia”, unha estratexia integradora na que a SXMIT, engadiu, “xoga o papel fundamental de desenvolver e coordinar todas as iniciativas de desenvolvemento da Sociedade da Información”.
Pereira presentou esta ferramenta durante o acto de inauguración da exposición itinerante Movemento Avanza, no cal remarcou o compromiso da Xunta co desenvolvemento da Sociedade da Información, tendo como eixes da súa actuación o Plan director de telecomunicacións, a implantación do e-goberno, a dinamización do uso das TIC e o fomento do sector empresarial da Sociedade da Información.
Na súa intervención, Mar Pereira afirmou que a Xunta quere “robustecer” as telecomunicacións non só como ferramenta para acadar novas oportunidades a nivel nacional e internacional, senón tamén para acadar a cohesión social interna, que definiu como “imprescindible para construír a Galicia única na que todos os cidadáns teñan igualdade de oportunidades”.
Nese marco situou o deseño da Estratexia global de telecomunicacións na que traballa o executivo galego, e que suporá o investimento de máis de 260 millóns de euros nesta lexislatura, incluíndo o Plan director de banda larga, o despregamento da TDT, a modernización das redes de telecomunicacións da Xunta e a mellora das redes de alta capacidade para a comunidade científica.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?