Logo de que un Informe da Comisión de Privacidade de Canadá asegurara que a rede social máis popular do mundo, Facebook, “non fai o suficiente para protexer a información persoal que obtén dos seus membros”, unha opinión compartida por outros moitos detractores da web, Mark Zuckerberg, o creador deste espazo virtual que a día de hoxe alberga xa a 350 millóns de usuarios en todo o mundo, vén de apresurarse a enviarlle unha carta aberta a tódolos usuarios, na que explica os seus plans máis próximos para coa compañía e entre os que inclúe mellorar a privacidade dos seus membros.
No seu escrito, Zuckerberg admite que a privacidade dos usuarios da súa rede social é un dos puntos fracos e máis criticados desta ferramenta que creou sendo só un mozo, unha ferramenta de dubidosa utilidade (aínda que sí moi interesante para non perder o contacto con amigos que viven lonxe de nós e para pasar o tempo a golpe de rato) que leva imaxes, comentarios, vídeos ou ligazóns “subidas” polos seus membros a calquera recuncho do planeta no que haxa un fío de conexión.
Zuckerberg sinala que, malia que Facebook “xira en torno ás redes”, é dicir, comunidades vinculadas cos nosos centros de estudios, empresas ou rexións, “este formato non é o máis axeitado para que os usuarios teñan o control da súa privacidade”.
eliminar totalmente as redes rexionais e crear un modelo máis simple para o control da privacidade”.
Asemade, estas medidas concretaranse na simplificación da páxina de configuración da privacidade, de modo que cada usuario poida establecer cal é a privacidade que máis se adapta ás súas necesidades. O usuario poderá controlar, entre outras cousas, quén ve os contidos creados ou cargados en Facebook, un por un.
Facebook chega aos 350 millóns de usuarios con melloras na súa privacidade
Compartir Este Artigo

