Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ineo presentará o día 17 un libro para introducir ás empresas no uso das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ineo presentará o día 17 un libro para introducir ás empresas no uso das TIC

Fernando Sarasketa
Publicado: 02/12/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Álvaro Gómez Vieites e Carlos Suárez Rey son os autores do libro
Álvaro Gómez Vieites e Carlos Suárez Rey son os autores do libro
Se algo teñen as novas tecnoloxías no eido empresarial é a súa calidade de nexo de unión: comunican e, á vez, crean unha base compartida. Este alicerce común, por outra banda, ten poucas trazas de diminuír, xa que todo sector, por tradicional que sexa, precisa das novas canles da información para ter máis e mellor contacto con clientes e provedores e, sobre todo, para ser máis competitivo. Porén, queda traballo por facer e a dita plataforma común na nosa terra, con ser ampla, aínda ten piares por asentar. Este é o obxectivo do novo proxecto da asociación Ineo: acadar non só a presenza dos servizos dixitais en todos os nosos sectores senón que se lles tire o máximo partido. Co fin de que a mensaxe teña o maior calado, a iniciativa colle corpo de publicación tradicional cun título que fala por si só: Sistemas de Información; Ferramentas Prácticas para a Xestión.
O libro, informa Ineo, darase a coñecer o vindeiro 17 de decembro a partir das 12.30 horas no Auditorio do Edificio de Oficinas da Zona Franca de Vigo.
Os seus autores son Álvaro Gómez Vieites e Carlos Suárez Rey. Dase a casualidade de que o esforzo por conseguir a máxima cantidade de lectores non se limita ao feito de ter apostado por un manual práctico para acadar competitividade (e non puramente tecnolóxico), senón que tamén se pon de manifesto non convite aberto que a asociación lle lanza a tódolos sectores produtivos. “Xa que se trata dun libro de referencia en canto á aplicación das novas tecnoloxías do coñecemento nas empresas”, informa Ineo, “á presentación están convidadas non só as firmas do sector dixital senón tamén as compañías dos restantes sectores produtivos”.
Volvendo á publicación en si mesma, dicir que se trata dun traballo que avalía cómo os sistemas e canles tecnolóxicas da información representan unha ferramenta básica para a mellora da competitividade e tamén un soporte fundamental para acadar máis eficacia e rendibilidade na xestión nas organizacións. Como dixemos, o traballo non aposta por adoptar puntos de vista estritamente técnicos que adianten acontecementos, senón que comeza pola base: faise dende a perspectiva da aplicación dos sistemas e tecnoloxías ás organizacións.
Respecto á asistencia ao acto de presentación, dicir que se require confirmación e que esta deberá formalizarse antes do 15 de decembro a través do teléfono 902 905 510 ou ben mediante a conta de correo comunicacion@ineo.org. Os asistentes ao acto terán á súa disposición un exemplar do libro.
Por certo que está previsto que na cita do17 de decembro en Vigo faga acto de presenza a secretaria xeral de Modernización da Xunta de Galicia, Mar Pereira, quen terá ocasión de reunirse, previamente ao devandito acto, cos membros do Consello Consultivo de Ineo, unha xuntanza anual de carácter estratéxico na que se lle darán corpo ás liñas a seguir da asociación en materia de proxectos de colaboración e de competitividade.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?