Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Blogueiros do eido estatal debaten este venres en Lugo sobre o fenómeno dos cadernos en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Blogueiros do eido estatal debaten este venres en Lugo sobre o fenómeno dos cadernos en liña

Fernando Sarasketa
Publicado: 09/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xornadas_redes_e_blogs_lugo.jpgEste venres día 11 comezan en Lugo uns encontros sobre o fenómeno das bitácoras que contarán con algúns dos representantes máis salientables do panorama blogueiro estatal. A primeira edición destas sesións, organizadas polo Concello, desenvolveranse ao longo de todo o día no antigo cuartel de Garabolos e co obxectivo de “debater sobre o actual fenómeno dos blogs e as novas iniciativas de participación na Internet”. A I Xornada de Redes Sociais e Blogs en Lugo (así se chama) dará acubillo, entre outras achegas, ás intervencións do galego Javier Pedreira (Microsiervos) ou de Raúl Ordóñez (Bitácoras).
Con todo, e malia contar con blogueiros de renome a nivel de escrita en lingua castelá, o encontro non semella encamiñado a reflectir a situación bitacoreira galega, tal e como se critica dende certos blogs galegos (que poñen de manifesto o escaso seguimento que se vai facer do noso movemento bitacoreiro, o Blogomillo) ou dende comunidades como Chuza!
Ao devandito hai que engadir o feito de que a páxina web onde se informa polo miúdo dos obxectivos e do programa da dita xuntanza non inclúa unha versión íntegra na nosa lingua.
Porén, e malia as obxeccións que se lle poidan facer a certos detalles do evento (e que dende agardamos se melloren na segunda convocatoria), o programa de actividades ten sobrados puntos de interese, tanto se somos blogueiros como se estamos a piques de selo. A apertura da xornada, como se pode ver a continuación, está prevista para as 9.30 e entre as diversas actividades que inclúe atópase un obradoiro de iniciación ao universo blog e, para rematar a xornada, o sorteo dunha axenda electrónica de nova xeración entre os asistentes.
· 09:30 – 10:00 hs: Entrega de acreditacións
· 10:00 – 10:30 hs: Presentación das xornadas da man de Luisa Zarzuela e Raul Ordóñez (bitacoras.com)
· 10:40 – 11:10 hs: Primeiro relatorio: Rodolfo Albella (pleiteando.com)
· 11:20 – 11:50 hs: Segundo relatorio. Conrado Xalabarder (mundobso.com)
· 12:00 – 12:20 hs: Coffee Break.
· 12:30 – 13:00 hs: Acto inaugural co alcalde de Lugo
· 13:00 – 14:00 hs: Mesa rendonda.
José de Cora (bitacoradecora.elprogreso.info)
Conrado Xalabarder (mundobso.com)
Rodolfo Albella (pleiteando.com)
Javier Pedreira (microsiervos.com)
Raul Ordóñez (bitacoras.com)
Descanso mediodía con xantar para relatores e convidados.
16:30 – 17:10 hs: Terceiro relatorio: Javier Pedreira (microsiervos.com)
17:20 – 17:50 hs: Cuarto relatorio: Manuel Guisande (blogs.lavozdegalicia.es/manuelguisande)
18:00 – 19:00 hs: Obradoiro Crea o teu propio blog Oscar Lage (userlinux.net)
19:00 – 19:20 hs: Sorteo de un Note Book
20:00 hs: Blogs&Beers (lugar por confirmar)

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?