O portal de gastronomía do Xacobeo 2010, malia ter xurdido dende a nosa terra para un público en boa medida galego (xa que, mentres non se amose o contrario, seguimos a ser grandes motores do noso propio turismo), semella que ten unha serie de materias pendentes, entre elas falar no noso idioma e contribuír a que se promova na Rede. Así o vén de denunciar o BNG a través dunha interpelación da deputada BNG, Carme Adán, á actual Consellería de Cultura. Para Adán, hai arestora unha serie de irregularidades no devandito portal que van en contra dos principios que, teoricamente (sinala), tería que respectar, entre os que se contan o de austeridade, o de diversidade temática e de estilos e o de impulso da nosa cultura a nivel internacional.
A deputada nacionalista engadiu ademais que o dito servizo web é “de baixa calidade e de pouco rigor”, apostando unicamente pola lingua castelá “co que se demostra o desprezo do Goberno galego pola nosa lingua e cultura”, sinalou. Asemade, denuncia a pouca importancia que se lle dá na web á cociña actual galega e a tódalas súas manifestacións de vangarda.
Críticas ao portal gastronómico do Xacobeo 2010 por non apostar pola nosa lingua
Compartir Este Artigo

