HP Enterprise Services e Sony Ericsson Mobile Communications veñen de asinar un acordo de outsourcing de servizos tecnolóxicos por cinco años, especialmente deseñado para reducir custes e incrementar a flexibilidade cun entorno tecnolóxico estandarizado.
Con este acordo, Hewlett-Packard proporcionaralle servizos de xestión de infraestrutura que inclúe os entornos de servidores e almacenamento de Sony Ericsson a nivel global.
Asemade, HP continuará proporcionando un servizo global de asistencia ao usuario e soporte de aplicacións, ao tempo que seguirá a aloxar e xestionar as bases de datos e SAP enterprise landscape de Sony Ericsson.
HP ofrecerá estes servizos mediante unha combinación entre as oficinas de Sony Ericsson e os centros globais de delibery con que conta HP.
“Os clientes de telefonía móbil agardan unha corrente constante de produtos e servizos innovadores, así como a mellor experiencia posible para o usuario”, asegura Mike Nefkens, vicepresidente señor e director xeral de HP Entrerprise Services para EMEA, algo que se pode conseguir máis facilmente grazas a esta fusión.
Este contrato constrúese sobre a relación de longa duración de Hewlett-Packard con Sony Ericsson, e compleméntase coa sinatura de outros acordos que versan sobre hardware, software e servizos de BPO (Outsourcing de Procesos de Negocio).
HP e Sony Ericsson alíanse por cinco anos
Compartir Este Artigo

