Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Preto do 17 por cento da poboación de Vilasantar está rexistrada no seu Centro de Dinamización
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Preto do 17 por cento da poboación de Vilasantar está rexistrada no seu Centro de Dinamización

Raquel Noya
Publicado: 09/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Rdsi_Moana.jpgA Rede de Dinamización da Sociedade da Información continuou no pasado mes de novembro co seu traballo decidido a prol da inmersión da sociedade galega nas Novas Tecnoloxías en Vilasantar, onde no mes que remata se impartiron un total de 3 obradoiros tecnolóxicos, para formar a 14 persoas ao longo de 30 horas.
Os obradoiros impartidos este mes foron Correo electrónico, Procesador de textos: Writer e Manexo da cámara dixital. Cabe tamén destacar outras actividades levadas a cabo como a charla Trámites co Sergas na Internet, que poñen de manifesto a grande diversidade formativa que oferta a Rede nesta e outras localidades.
Asemade, 3 novas persoas inscribíronse como usuarias da Rede para poder aproveitar (coma sempre de balde) as instalacións e todas as iniciativas que esta oferta nas horas de aula aberta, unha aula que foi utilizada nun total de 188 ocasións.
En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Vilasantar en febreiro de 2008, foron xa 239 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI, o que supón preto do 17 por cento da poboación desta localidade. Neste tempo leváronse a cabo 54 obradoiros nos que se formou a 299 participantes. Aínda que os obradoiros son a principal actividade formativa que oferta a Rede, tamén se fixeron 10 charlas e 3 iniciativas, nas que participaron 53 persoas.
Por outra banda, o Centro de Dinamización de Moaña, a cargo do que se atopa Ana María Pérez, rematou o mes de novembro superando as 60 horas de formación tecnolóxica, nas que se impartiron un total de 5 obradoiros tecnolóxicos que formaron a 31 persoas e que se estenderon ao longo de 64 horas.
Asemade, levouse a cabo unha charla, a cal, baixo o nome Menores na Internet, os asistentes coñeceron de primeira man as pautas básicas de control sobre o acceso á Rede dos más cativos para que estes poidan acceder ás súas páxinas favoritas da maneira máis segura.
En canto aos números xerais da Rede, desde que botara a andar neste concello de Moaña no ano 2007, foron xa 395 os usuarios e usuarias que fixeron o carné da RDSI. Neste tempo leváronse a cabo 84 obradoiros, que se estenderon ao longo de 701 horas e nos que se formaron 469 participantes.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?