Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Xunta incrementa a efectividade na aplicación das TIC ao ámbito xudicial
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Xunta incrementa a efectividade na aplicación das TIC ao ámbito xudicial

Raquel Noya
Publicado: 10/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xustiza.jpg Coa principal intención de reforzar a colaboración das forzas da xustiza galegas e nacionais no tocante ás tecnoloxías da información e da comunicación, a secretaria xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, Mar Pereira, vén de subscribir hoxe en Madrid a adhesión de Galicia ao Convenio do Esquema Xudicial de Interoperabilidade e Seguridade no ámbito da Administración da Xustiza (EJIS), un acordo que tivo o seu punto de partida no pasado mes de setembro e que agora chega a bo porto coa conformidade de Galicia e de outras comunidades como Cataluña, País Vasco, Andalucía, Canarias, Valencia, Navarra, Madrid, Cantabria, Asturias e Aragón.
Deste xeito, coa posta en marcha do EJIS, a entidade pública persegue o funcionamento integrado e conxunto de todas as aplicacións informáticas ao servizo da Administración de Xustiza, namentres que as comunidades autónomas participantes comprométense, segundo afirman, “a traballar colexiadamente e a compartir esforzos para acadar o obxectivo común de que os sistemas de información da xustiza poidan interoperar adecuadamente”.
Neste sentido, a Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, reforza o seu compromiso co proceso de modernización da Xustiza, ámbito no que ven traballando nos últimos meses a través, primeiro, do desenvolvemento do Plan de medidas urxentes, e agora co próximo inicio do Plan de Sistemas de Tecnoloxías da Información e a Comunicación para a Xustiza, continuación daquel.
Asemade, coa firma deste acordo, a Xunta persegue mellorar a eficiencia dos seus servizos públicos de atención ao cidadán e o propio funcionamento interno da Administración de Xustiza, así como evitar a duplicidade de esforzos, e permitir que outras administracións cooperen na resolución dos propios procedementos.
Para entendérmonos, a finalidade do convenio é facilitar o máximo aproveitamento das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) na actividade xudicial, en condicións de eficacia, eficiencia, racionalidade económica e calidade, empregando as plataformas tecnolóxicas e as aplicacións informáticas precisas.
Deste xeito, aúnanse esforzos por parte de todas as administracións implicadas para acadar o obxectivo de “interoperar os distintos sistemas informáticos existentes con todas as garantías de seguridade e tendo en conta os medios técnicos existentes para facilitar a interconexión entre eles”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?