
Os Premios Galicia Submarina están divididos en 20 apartados distintos e, concretamente, na categoría ao premio ao mellor sitio web foi distinguido o portal web de información meteorolóxica da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, polo valor informativo que ofrece á sociedade, en xeral, e aos deportistas e afeccionados ao mergullo de Galicia, en particular, o xurado tamén valorou o esforzo innovador e o valor creativo da páxina.
O premio foi recollido polo director de Meteogalicia, Vicente Pérez Muñuzuri, no transcurso da gala de entrega de premios que se celebrou o pasado venres, 11 de decembro, no auditorio da Fundación Caixa Galicia na Coruña, á que asistiron ao redor de duascentas persoas invitadas.
A páxina web de Meteogalicia galardoada nos Premios Galicia Submarina
Compartir Este Artigo

