
Polo que respecta ás temáticas das accións levadas a cabo, dicir que moitas delas centráronse en achegar coñecemento especializado para o posto de traballo, o que para a empresa galega non fai máis que afianzar e asegurar as posibilidades de medre no deseño e desenvolvemento de tecnoloxía propia.
Amais, estas actividades apuntalan as opcións de concorrencia da compañía en proxectos punteiros de investigación e deseño en Áreas como a xigaconectividade (transmisión de datos por banda ampla por medio de calquera tipo de cableado) e a nova xeración de telefonía móbil (4G), entre outras iniciativas.
“O forte investimento de Arteixo Telecom na aprendizaxe continua dentro do seu persoal”, engaden fontes da empresa, “é tamén un elemento clave para apoiar a súa aposta pola internacionalización, que constitúe unha das súas prioridades”.
Polo que respecta á valoración dos propios traballadores, dicir que máis do 95% das persoas que participaron en accións de aprendizaxe cualificaron cunha nota alta ou moi alta elementos como a metodoloxía, o contido ou a utilidade práctica das sesións.
Arteixo Telecom duplicou en 2009 as horas de formación para os seus traballadores
Compartir Este Artigo
