
Tal e como xa avanzara o departamento que dirixe Javier Guerra, o Instituto Galego de Consumo (IGC) ten previsto realizar accións de control específico para reforzar dun xeito especial os aspectos informativos e de control e vixilancia do mercado para intensificar as inspeccións relacionadas cos produtos de marisqueo e coa venda directa de xoguetes.

Cómpre salientar tamén que a programación anual da Escola Galega de Consumo, adscrita á Consellería de Economía e Industria, ten reforzado este ano as súas actividades orientadas á formación dos consumidores no eido do uso das novas tecnoloxías e as compras por Internet, que medran durante o Nadal, coa presentación dun simulador de contratación e compra a través da rede pioneiro en España.
O simulador de compras é unha ferramenta dirixida á formación en comercio electrónico, cun sistema que simula unha tenda virtual e unha zona de administración para configurar o sistema, e ter un control sobre as accións dos usuarios. Ademais, a tenda virtual engádenselle outros módulos como o de correo electrónico, o portal bancario e o servizo de atención telefónica, para simular un contorno o máis real posible no eido do comercio electrónico, coa finalidade de que os participantes nestas actividades poidan coñecer as formas máis axeitadas de actuación neste tipo de contratacións. A esta ferramenta engadirase en breve unha tenda de contratación de viaxes por ser este o servizo de compra en liña máis utilizado polos usuarios.
Economía e Industria inicia distintas campañas para protexer e informar aos consumidores no Nadal
Compartir Este Artigo

