Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de cen persoas fan uso do servizo de localización Acompáñote
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de cen persoas fan uso do servizo de localización Acompáñote

Redacción
Publicado: 14/12/2009
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

Máis de cen anciáns, menores ou persoas con discapacidade utilizan xa o servizo Acompáñote, un programa de localización e control voluntario de persoas en situación de especial vulnerabilidade.
A iniciativa, que financia a Consellería de Traballo e Benestar e xestiona Cruz Vermella, consiste en por a disposición dos coidadores familiares de persoas dependentes ou fráxiles que residen nos seus propios domicilios un pequeno equipo que integra un teléfono móbil con tecnoloxía GSM e un módulo de localización xeográfica vía satélite (GPS) cun centro de control dende o que é posible recuperar a posición exacta de calquera dos equipos. Desta maneira, este dispositivo permite aos coidadores da persoa coñecer en todo momento onde se atopa o seu familiar.
A plataforma tecnolóxica pode incorporar, ademais, naqueles casos que as condicións persoais do usuario así o requiran, a utilización duns detectores de movemento, control de temperatura ambiental e sensores de verticalidade, que teñen como función transmitir avisos de inactividade ou caídas por diversas zonas da casa con fin de poder detectar tamén posibles accidentes no ámbito doméstico.
O obxectivo principal do programa é facilitar a saída do domicilio de persoas con circunstancias persoais que aconsellen o seu control permanente ou que poidan sufrir episodios de desorientación temporal e/ou espacial. Desta forma, increméntase a mobilidade e seguridade destas persoas e se contribúe á tranquilidade das súas familias e coidadores.
Os beneficiarios de Acompáñote poden ser todas aquelas persoas maiores, menores ou con discapacidade que debido ás súas condicións de saúde ou limitacións persoais se atopen nunha situación de especial fraxilidade ou vulnerabilidade e teñan residencia efectiva en Galicia.
Para solicitar o servizo que ofrece Traballo e Benestar basta con cubrir un impreso, presentar un informe médico e unha fotocopia compulsada do DNI e da persoa que o represente se procede e no caso de que o demandante sexa menor de idade unha fotocopia compulsada do libro de familia.
A documentación requirida pode presentarse nos propios servizos centrais da Consellería de Traballo e Benestar, na Dirección Xeral de Dependencia e Autonomía Persoal (no Servizo de Programas de Promoción da Autonomía Persoal en San Caetano), nos servizos sociais comunitarios e nos centros sociocomunitarios e residencias de persoas maiores e centros para persoas con discapacidade dependentes da Xunta.
O prazo de presentación das solicitudes pódese desenvolver durante todo o ano. Unha vez concedido o servizo, é Cruz Vermella o organismo que informa aos novos usuarios da data prevista para a instalación do equipo. Así mesmo, técnicos da entidade social ensinan aos beneficiarios do programa a utilizar o dispositivo e as normas para o seu mantemento.
Os usuarios, ou no seu caso os titores, representantes legais ou gardadores de feito, contribúen ao financiamento do servizo de localización.
O dispositivo localizador envía unha serie de alertas en tres casos diferentes: cando o usuario sae da súa zona segura, por exemplo no caso de que se afaste máis de 1.000 metros do seu domicilio, cando así se estableza previamente; cando a persoa que leva o localizador se caia; e, por último, cando o usuario permanece sen moverse durante un tempo que se considere oportuno, en función das súas circunstancias persoais.
Nestes circunstancias, o centro de control ponse en contacto cun familiar para avisarlle do ocorrido. Entón, lle indica o lugar onde está o usuario do localizador. Cando o familiar desexa atopalo o único que debe facer é chamar ao centro de control do servizo e axiña facilítaselle os datos necesarios para localizalo, podendo, ademais, escoitar o que sucede ao seu arredor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?