Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Iniciador Galicia desvelará na Coruña as claves para o emprendemento TIC na nosa terra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Iniciador Galicia desvelará na Coruña as claves para o emprendemento TIC na nosa terra

Fernando Sarasketa
Publicado: 03/12/2009
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

Unha das sesións previas de Iniciador Galicia fotografada por Raúl Ordóñez
Unha das sesións previas de Iniciador Galicia fotografada por Raúl Ordóñez
O sector TIC galego vai a máis, pero todo pulo que se lle pode dar é pouco se temos en conta o que está en xogo: que sigamos sendo un país subsidiario e dependendo de sectores que levan anos dando sinais de esgotamento ou que apostemos polo miolo da creatividade e do coñecemento mesmo, valores sen data de caducidade. Co obxectivo de contribuír a dinamizar esa parte do sector TIC que aínda está por vir, a comunidade de empresarios TIC da nosa terra está a desenvolver Iniciador Galicia, un programa de actividades que se insire na proposta estatal Iniciador e que o vindeiro 15 de decembro recala na Coruña, máis polo miúdo no ITE de Caixa Galicia.
A cita será con Tino Fernández, fundador da compañía galega Altia Consultores, quen participará na sesión dando a coñecer “as chaves para o emprendemento tecnolóxico en Galicia”.
Asemade, fará un percorrido polas expectativas de medre do noso tecido TIC e polo seu caso persoal á fronte da dita consultora tecnolóxica, unha das empresas do seu sector de máis proxección en España.
Sobre Iniciador Galicia, trátase dun programa de divulgación dirixido a empresarios de calquera ámbito e a xente interesada na cuestión tecnolóxico-dixital aplicada ao corporativo, dende estudantes ou traballadores por conta allea ata emprendedores a piques de selo. O obxectivo, polo tanto, é reunir participantes de múltiples perfiles coa finalidade de favorecer o intercambio de experiencia e máis de coñecemento.
Na actualidade, a iniciativa lévase a cabo nun formato aberto de diálogo entre relatores e público, comezando cada evento cunha presentación da experiencia do persoeiro convidado, proseguindo co relatorio propiamente dito para rematar coa rolda de preguntas “nun ambiente distendido que permita o máximo fluxo de coñecemento, de experiencias e de preocupacións”, sinalan os responsables da iniciativa.
Por certo que detrás da mesma (posta en marcha na súa edición galega en abril de 2009 coa achega comunicativa de José Ramón García, presidente de Blusens) atópase un equipo de empresarios galegos integrado por María Encinar (coordinadora do grupo e xestora dos relatores), David Pombar (responsable de comunicación) e Iván Fociños (encargado da xestión e da relación cos patrocinadores). Os seus obxectivos pasan por ampliar na medida do posible o número de cidades nas que se celebra o plan Iniciador e máis a súa edición galega. Apoiando a iniciativa atópanse empresas e entidades como o Instituto Tecnolóxico Empresarial Caixa Galicia, BidoBido ou a Escola Superior de Enxeñaría Informática de Ourense.
Na imaxe, o relatorio impartido por José Ramón García (Blusens) achegado por Jasp en Flickr.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Odisea Indie alcanza os 50 postos e incorpora por primeira vez participantes internacionais
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

O Instituto da Lingua Galega e a Fundación Barrié presentan ALGa dixital

26/11/2026
Actualidade

O Concello de Boiro habilita un mapa interactivo en liña para coñecer os investimentos nos núcleos

26/11/2026
Actualidade

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias

26/11/2026
Actualidade

A IA do CITIC da UDC impulsa a reciclaxe de residuos en Galicia e Portugal

26/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?